You can always press Enter⏎ to continue

FORMULARIO DE INSCRICIÓN CASA XOHANA TORRES

Formulario de inscrición para asistir a actividades realizadas na Casa Xohana Torres do Concello de Santiago de Compostela
  • 1
    Descarga o programa en formato PDF e pulsa en "seguir" para inscribirte nas actividades
    Press
    Enter
  • 2

    PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO MES DE NOVEMBRO NA CASA XOHANA TORRES

    Desde a Casa Xohana Torres queremos convidarte a participar nas actividades organizadas durante o mes de ​NOVEMBRO:

    • Luns 9 de novembro – 19.00h a 21.00h – OBRADOIRO "Autorrepresentación en viñetas: violencia estrutural", con María Lapido, fotógrafa, ilustradora e docente con experiencia na representación feminina e na divulgación da historia das mulleres a través da arte. Obradoiro creativo no que se explorará a autorrepresentación a través da ilustración e da creación de pequenas viñetas, empregando a expresión artística como ferramenta para reflexionar sobre as violencias estruturais que afectan ás mulleres e construír narrativas propias. 
    • Martes 17 de novembro –18.00h a 20.00h – PROXECCIÓN DOCUMENTAL "Alén dos silencios", de Carmen P. G. Granxeiro, cineasta e escritora cunha traxectoria comprometida cos dereitos humanos, a memoria e os feminismos. Proxección do documental Alén dos silencios, que parte dunha historia familiar para explorar os silencios herdados da guerra civil e da ditadura franquista, recuperando relatos invisibilizados e reivindicando o papel das mulleres na transmisión da memoria histórica.
    • Mércores 18 de novembro – 18.00h a 20.00h - OBRADOIRO "O invisible dos coidados", con Gloria Lareo (A Fada da Aldea), pedagoga, técnica de igualdade e educadora ambiental con experiencia en programas de autocoidado e educación emocional desde unha perspectiva feminista. Obradoiro participativo dirixido a mulleres coidadoras no que se visibilizarán as tarefas e responsabilidades asociadas aos coidados, prestando especial atención á carga física, mental e emocional que implican. A través de dinámicas vivenciais e de reflexión colectiva, exploraranse estratexias de autocoidado e apoio mutuo. 
    • Venres 27 de novembro – 16.00h a 20.30h – PROXECTO DE INVESTIGACIÓN E CREACIÓN COMUNITARIA "NON AS VIN, PERO SENTINAS", promovido por Rexenerando, en colaboración con Daniela Ferrández e Ánxela Lema. 
      • 16.00h a 19.00h – GRUPO DE ESTUDOS (primeira sesión). Espazo de investigación e creación colectiva con inscrición e selección previa. Prazo ata o 19 de novembro. Información e inscricións: i.gal/nonasvingrupo

      • 19.00h a 20.30h – CONVERSA ABERTA "Non as vin, pero sentinas". Encontro con Daniela Ferrández e Ánxela Lema para comezar a abrir a mirada sobre o que nos contaron, a norma e os desvíos. Información e inscricións: i.gal/nonasvinactividades

    Estas actividades son gratuítas e desenvolveranse de forma PRESENCIAL na Casa Xohana Torres. A inscrición pode realizarse a través deste formulario. 

    Para MÁIS INFORMACIÓN podes consultar o programa adxunto ou contactar no teléfono 608 710 978 e no correo electrónico: casaxt@santiagodecompostela.gal

    Press
    Enter
  • 3

    O tratamento dos datos de carácter persoal que se facilitan voluntariamente no formulario para a INSCRICIÓN EN ACTIVIDADES DA CASA XOHANA TORRES suxeitarase ao establecido na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos persoais solicitados serán tratados coas medidas de seguridade necesarias de acordo co previsto no artigo 9 da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e o Título VIII do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro.

    Así mesmo, garantirase a confidencialidade dos datos e non se comunicarán a terceiros fóra dos casos necesarios para xestionar os servizos proporcionados, así como os previstos na normativa vixente, non podéndose utilizar, en ningún caso, para fins comerciais. Calquera persoa poderá exercer en calquera momento o seu dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos persoais, na forma legalmente prevista, presentando unha solicitude no Rexistro Xeral do Concello, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (a oficina principal do Rexistro Xeral atópase en Presidente Salvador Allende 4 baixo, 15705, Santiago de Compostela).

    Press
    Enter
  • 4
    Press
    Enter
  • 5
    Press
    Enter
  • 6
    Press
    Enter
  • 7
    Press
    Enter
  • 8
    [neste formulario só aparecen as actividades nas que é necesaria inscrición]
    Press
    Enter
  • 9
    Press
    Enter
  • 10
    Press
    Enter
  • 11

    Moitas grazas por cumprimentar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.

    Preme "Enviar" para rematar.

    Press
    Enter
  • Should be Empty:
Question Label
1 de 11Mostrar TodosGo Back
close